O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer mobilidades no estranxeiro o próximo curso, incluindo ademais formación para profesorado. Por ese motivo, a nosa compañeira Salomé (que pasará a ser a nova coordinadora de proxectos internacionais no noso centro), trasladouse a Salamanca os días 24 e 25 de xuño, onde tiveron lugar as Xornadas Iniciais de Proxectos de Mobilidade Erasmus+ KA121. Foron 2 días moi intensos nos que lle aportaron moitos datos e información, ademais de intercambiar experiencias con outros centros co mesmo tipo de proxectos.
martes, 2 de julio de 2024
O IES Ordes na prensa (Primeira Noticia): O IIS Parmenide no noso centro
Deixamos esta reseña no periódico Primeira Noticia (xuño 2024) con motivo da estancia do IIS Parmenide ao noso centro.
martes, 14 de mayo de 2024
Venres 10, 5º día de mobilidade
Neste último día de estancia do grupo italiano no noso centro, empezaron facendo unha selección do logo e do slogan que mellor puidera identificar o seu proxecto e a súa estancia aquí en Ordes. Despois puidemos disfrutar coa actuación músical do noso profesor de historia Xavier, acompañado das alumnas Edith (vocal) e de Noa (clarinete). A continuación, e por último, fíxoselles entrega dun certificado de asistencia e participación neste proxecto.
Xoves 9, 4º día de mobilidade
No día de hoxe, o grupo italiano trasladouse para coñecer mellor a cidade de Santiago, destino final do camiño inglés (un dos seus obxectivos é a práctica deportiva). Unha vez alí, puideron coñecer a catedral e as súas cubertas, facer un percorrido guiado pola cidade vella, e vivir o ambiente da mesma, cos peregrinos (e coa celebración da Ascensión nese mesmo día).
miércoles, 8 de mayo de 2024
Mércores 8, 3º día de mobilidade
No día de hoxe, o equipo italiano xunto co noso alumnado de 1º de bacharelato fixeron un percorrido a pé por distintas partes do camiño inglés e outras zonas cercanas: empezamos no castro, seguimos polo paseo ao longo do río Cabrón, o albergue, o propio camiño inglés, Poulo e finalmente regreso ao centro. Ao longo de toda esta ruta, o noso alumnado foilles explicando en inglés ao alumnado italiano distintos aspectos relacionados con ela: a súa fauna e flora, a súa toponimia e lendas, e tamén a súa historia. Foi un día caloroso que nos permitiu vivir e coñecer a nosa contorna de Ordes dunha maneira diferente.
martes, 7 de mayo de 2024
Martes 7, 2º día de mobilidade.
No día de hoxe, en primeiro lugar estivemos na casa do concello de Ordes, onde fomos acollidos/as dunha maneira moi cordial e agarimosa polo seu alcalde, José Luis, e a súa concelleira de educación, Susana, o cal lles agradecemos. Unha vez alí, déronnos información sobre a realidade e obxectivos de Ordes, así como de persoeiros destacados da nosa vila. Tamén puidemos visitar a súa sala de xuntas e o salón de plenos:

lunes, 6 de mayo de 2024
Luns 6 do grupo italiano no noso centro
Hoxe foi un día ben aproveitado polo equipo italiano. Estas son as actividades que levaron a cabo, co traballo e axuda de alumnado de 1º de bacharelato e profesorado de distintos departamentos (igual que ao longo de toda a semana), coa coordinación do profesorado no equipo Erasmus; moitas grazas a todos/as:
1 Presentación do director Manuel
2 Presentación do noso centro por alumnado de 1º de bac
3 Asistencia a unha clase de música, onde aprenderon a bailar a muiñeira
4 Presentacións da dieta mediterránea e atlántica e de pratos típicos

domingo, 5 de mayo de 2024
Domingo 5, chegada do grupo italiano ao noso pobo, Ordes
sábado, 4 de mayo de 2024
Semana de acollemento do IIS Parmenide
Esta próxima semana do 6 de maio acolleremos no noso centro a alumnado e profesorado do centro IIS Parmenide de Roccadaspide, Italia. Planificáronse unha serie de actividades a realizar no noso centro, das que xa vos daremos conta. Nesta foto, estamos os membros do grupo de traballo Erasmus, que ademais dos preparativos para este acollemento, neste curso traballamos darreo noutra documentación e tarefas (solicitude acreditación KA120 e KA121, solicitude proxecto KA210, redacción do informe final KA122 sobre as vacinas, etc). Grazas a todos polo voso entusiasmo e traballo!
sábado, 3 de febrero de 2024
Solicitude de acreditación seleccionada!
Estamos de noraboa! A solicitude de acreditación KA120 que presentamos en outubro de 2023 foi finalmente seleccionada, dentro das 275 solicitudes que foron aceptadas (en total había 1337 solicitudes). Coa mesma, acabamos de facer unha solicitude de mobilidades de alumnado e profesorado para o vindeiro curso 24/25, dentro dun proxecto KA121 (xa para centros acreditados).
A visita das profesoras do IIS Parmenide na prensa local italiana.
Deixamos aquí dúas ligazóns da publicación na prensa italiana da visita que as profesoras Mariangela e Rita do IIS Parmenide fixeron ao noso centro os días 11 e 12 de xaneiro, como xa mencionamos nunha entrada anterior:
domingo, 14 de enero de 2024
Visita preparatoria no noso centro de profesoras do instituto IIS Parmenide, en Italia
Os pasados 11 e 12 de xaneiro de 2024 estiveron
no noso centro as profesoras Mariangela e Rita, do IIS Parmenide, un instituto
situado en Roccadaspide, na zona de Salerno, no sur de Italia. Esta estancia forma parte dunha visita preparatoria das dúas
profesoras para organizar a viaxe que van a facer ao noso centro 6 alumnos/as e
2 profesores/as do seu instituto, do 5 ao 11 de maio, dentro do seu proxecto Three little habits. A finalidade deste
proxecto é fomentar a práctica deportiva, a dieta saudable, a inclusión e os
intercambios dixitais. O noso centro actúa neste caso como centro de acollida,
con vistas a que nun futuro próximo alumnado do noso instituto poida visitar o seu centro dentro dun proxecto propio noso.
sábado, 28 de octubre de 2023
Un novo curso, novos proxectos
Empezamos este curso 2023 / 2024 con novas ilusións e novos proxectos, entre os que podemos citar:
.en primeiro lugar, mencionar a formación dun grupo de traballo Erasmus apoiado polo CAFI entre profesorado do noso centro, cuxa finalidade é cumprimentar a documentación necesaria para este tipo de proxectos, e xestionar as actividades que xurdan como consecuencia dos mesmos. Neste grupo estamos colaborando seis profesores/as.
.solicitude no mes de outubro dun proxecto Erasmus KA210 (asociación a pequena escala no ámbito escolar) cun centro francés de Orly, Francia (College Dorval), e un centro italiano da rexión de Puglia (I.I.S.S. Licei Canudo-Marone - ITI Galilei). O tema deste proxecto é o fomento do deporte como forma de inclusión de alumnado, e de promover o seu benestar físico e mental, e o coñecemento doutras culturas e as súas tradicións.
.solicitude en outubro tamén da acreditación KA120 no ámbito escolar para poder levar a cabo mobilidades de alumnado e profesorado a distintos países europeos, como medio para coñecer outras culturas e formas de pensar, coñecer outros sistemas educativos, mellorar a súa competencia lingüística e dixital, e poder continuar coa súa formación. Para estes dous últimos proxectos teremos que esperar ata o mes de febreiro para coñecer a resolución a ditas solicitudes. Crucemos os dedos!
.conclusión do proxecto KA122 "As vacinas agora e no pasado", que remata en febreiro do 2024, aínda que as actividades relacionadas con el xa se levaron a cabo o curso anterior. Queda por cumprimentar documentación referida a este proxecto.
.acollemento no noso centro no mes de maio de alumnado e profesorado do centro italiano IIS Parmenide Roccadaspide, situado na rexión de Campania, dentro do seu proxecto KA122 sobre a saúde física e mental a través do deporte e a comida. Con anterioridade, profesorado dese centro fará unha visita preparatoria ao noso centro no mes de xaneiro
.E seguimos promocionando as mobilidades entre o alumnado e profesorado de FP do noso centro (de FP básica e ciclo medio), de administrativo e automoción. Formamos parte dun consorcio da consellería de educación que ten aprobada a acreditación Erasmus para FP, o que nos permite ofertar ao alumnado mobilidades para realizar as súas prácticas FCT na empresa no estranxeiro, ou unha vez que xa titularon; e o profesorado tamén pode facer estancias de formación, de visitas preparatorias ou de acompañamento. Neste momento estamos á espera de que a consellería publique a resolución coas condicións de ditas mobilidades para este curso, pero xa temos algún alumnado que amosou o seu interese en participar.
.
miércoles, 5 de julio de 2023
Nova entrada sobre "As vacinas agora e no pasado" en "Primeira Noticia". xuño 2023
No número de xuño de 2023 do periódico Primeira Noticia, páxina 27, saiu publicada unha nova reseña sobre o noso proxecto, neste caso unha valoración do alumnado e do profesorado do que supuxo este proxecto para o centro e para eles mesmos.
miércoles, 17 de mayo de 2023
Conclusións do proxecto "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia"
Desta maneira, damos por concluido este proxecto, "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia", financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. Durante o mesmo, 10 alumnos/as e 2 profesoras do noso centro estiveron entre o 16 e o 21 de abril en Lamego, no centro Agrupamento de Escolas Latino Coelho. Unha vez alí, conviviron co alumnado e profesorado do centro, asistindo as súas clases, realizando actividades conxuntas, e tamén visitando lugares de interese da contorna en Lamego (o seu castelo, o santuario, a catedral, o teatro, as bodegas, o parque biolóxico, etc).
Ao mesmo tempo presentaron o traballo que previamente estiveran elaborando aquí, no IES Ordes, en distintas materias (bioloxía, latín, inglés, portugués, química, castelán, historia ...), poñendo en valor o carácter interdepartamental deste proxecto:
.Presentacións do noso centro e do noso pobo, Ordes, en inglés e portugués
.Presentacións de científicas destacadas na historia.
.Presentación da figura de Isabel Zendal, unha enfermeira ordense que tivo un papel destacado na expansión das vacinas en América e Asia.
.Estudo e análise de distintos aspectos das vacinas (a liña do tempo da súa evolución, a orixe etimolóxica dos termos usados, os distintos elementos químicos relacionados e científicos destacados ...)
Os beneficios deste proxecto son varios, algúns dos cales son:
.apertura do noso centro á relación cun instituto de fóra do noso país, promovendo os valores da pertenencia a Unión Europea.
.enriquecemento persoal do alumnado na súa interacción con estudantes doutros países, e para aqueles que viaxaron a Lamego, no coñecemento doutras realidades e outros sistemas educativos.
.desenrolo da capacidade do alumnado de traballar con proxectos, fomentando a súa competencia dixital, en linguas estranxeiras e científica.
.desenrolo da capacidade crítca do alumnado na valoración de distinta información, e tamén o enriquecemento da súa competencia comunicativa, ao presentar os seus traballos e ao transmitir aos seus compañeiros do centro as súas vivencias e aprendizaxes durante as mobilidades.
.afondamento no estudo das vacinas, a súa historia, evolución, personaxes destacados e importancia
Pola súa parte, alumnado e profesorado do centro de Lamego (9 en total) trasladouse ao noso instituto entre o 7 e o 12 de maio, para presentarnos os proxectos nos que eles estiveron traballando previamente en Portugal, dentro dun proxecto Erasmus+ moi similar ao noso, e cuxo título é "As vacinas agora e no pasado". Debido á similitude entre os 2 proxectos, puidemos facer actividades comparativas (asistencia a charlas de doutores e enfermeiros nos 2 centros, comparación dos programas de vacinación en Galicia e España con Portugal, debate sobre o dereito a non aceptar a vacinación, presentacións dos respectivos pobos e centros, etc)
Non cabe dúbida que este tipo de proxectos conleva moito traballo e tempo, de organización e preparación, e require da axuda de moito profesorado do centro, que estea disposto a participar ou a colaborar. No noso instituto, pódese dicir que todos/as axudaron, dunha maneira mais ou menos directa, aínda que debemos mencionar o traballo en concreto do seminario Erasmus que se formou, integrado por 12 profesores/as (Belén, Carmen, Dolores, Elisa, Laura, María, Marisa, Sofía, Tania, Juan, Porto e Tino), e outro profesorado como Silvia, Begoña, Manuel etc. Grazas a todos/as.
Ligazón ao blogue do instituto de Lamego
O Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, tamén ten un blogue sobre o seu proxecto, "As vacinas agora e no pasado", e a ligazón do mesmo podedes atopala aquí en blogue Lamego .
Vídeos do debate ético sobre o uso, ou non uso, das vacinas
Podedes ver os vídeos que prepararon o alumnado de Lamego e do noso instituto con motivo do debate que se levou a cabo aquí en Ordes o luns 10 de maio sobre o dereito a decidir se queremos vacinarnos ou non, cando isto pode influir na saúde dos demais:
O proxecto sobre as vacinas do IES Ordes na prensa.
Novamente, o proxecto que está levando a cabo o noso centro saiu en distintos xornais estos días, dos que vos deixamos fotos e ligazóns:
Primeira Noticia (páxina 25 nº 47, maio 2023)
El IES de Ordes ejerce de anfitrión dentro del programa de movilidad con un centro portugués
P.C. LA VOZ
Participa junto con el Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, en un proyecto Erasmus Plus sobre la evolución de las vacunas
El IES de Ordes fue durante esta
semana el centro anfitrión del intercambio escolar que realiza este curso con
un centro de Lamego (Portugal), el Agrupamento
de Escolas Latino Coelho. Ambos participan en un proyecto Erasmus
Plus sobre la evolución de las vacunas, con una
aproximación de género a la ciencia. Los jóvenes lusos tuvieron la oportunidad
de viajar estos días a Fisterra o A Coruña, de asistir a charlas de
enfermeras sobre planes de vacunación y conocer más de cerca la
figura de Isabel Zendal, entre otras cuestiones.
Doce profesores del instituto ordense se
implicaron en este proyecto (Carmen, Dolores, Marisa, María,
Laura, Juan, Elisa, Tania, Belén y Sofía;
bajo la coordinación de Tino, y con
el apoyo y colaboración del director, Porto).
domingo, 14 de mayo de 2023
Mobilidade en Ordes, día 6 (12-05)
Chegamos ao día final da mobilidade do equipo de Lamego en Ordes. No día de hoxe, empezaron participando nunha xincana (unha búsqueda do tesouro) co noso alumnado de 3º, que trataba sobre o tema das vacinas. A continuación, o alumnado de Lamego fixo unha presentación de noticias sobre as vacinas, e para rematar, o noso director entregoulles o certificado de ter participado nesta mobilidade. Coa tristura de ter que despedirnos, pero coa memoria dos bos momentos e dos coñecementos compartidos, damos por concluida esta mobilidade co equipo de Lamego, coa esperanza de volver a encontrarnos nalgunha actividade futura.
sábado, 13 de mayo de 2023
Mobilidade en Ordes, día 5 (11-05)
No día de hoxe, o equipo de Lamego xunto co noso alumnado de 3º da ESO saíron nunha excursión á cidade da Coruña. Unha vez alí, visitaron lugares relaciónados coa vida e obra de Isabel Zendal, ademais doutros sitios de interese (praza María Pita, Torre de Hércules, a Domus, o Muncyt, o monte de San Pedro ...). Un día intenso e ben aproveitado.
Formación en proxectos Erasmus+ (KA121), en Salamanca
O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer...
-
Deixamos aquí dúas ligazóns da publicación na prensa italiana da visita que as profesoras Mariangela e Rita do IIS Parmenide fixeron ao nos...
-
Informámosvos da presenza nas redes sociais dos proxectos Erasmus no centro IES Ordes: .En Facebook , co nome Erasmus Ies Ordes ...
-
O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer...
































.jpg)











