sábado, 28 de octubre de 2023

Un novo curso, novos proxectos

 Empezamos este curso 2023 / 2024 con novas ilusións e novos proxectos, entre os que podemos citar:

 .en primeiro lugar, mencionar a formación dun grupo de traballo Erasmus apoiado polo CAFI entre profesorado do noso centro, cuxa finalidade é cumprimentar a documentación necesaria para este tipo de proxectos, e xestionar as actividades que xurdan como consecuencia dos mesmos. Neste grupo estamos colaborando seis profesores/as.

 .solicitude no mes de outubro dun proxecto Erasmus KA210 (asociación a pequena escala no ámbito escolar) cun centro francés de Orly, Francia (College Dorval), e un centro italiano da rexión de Puglia  (I.I.S.S. Licei Canudo-Marone - ITI Galilei). O tema deste proxecto é o fomento do deporte como forma de inclusión de alumnado, e de promover o seu benestar físico e mental, e o coñecemento doutras culturas e as súas tradicións.

 .solicitude en outubro tamén da acreditación KA120 no ámbito escolar para poder levar a cabo mobilidades de alumnado e profesorado a distintos países europeos, como medio para coñecer outras culturas e formas de pensar, coñecer outros sistemas educativos, mellorar a súa competencia lingüística e dixital, e poder continuar coa súa formación. Para estes dous últimos proxectos teremos que esperar ata o mes de febreiro para coñecer a resolución a ditas solicitudes. Crucemos os dedos!

 .conclusión do proxecto KA122 "As vacinas agora e no pasado", que remata en febreiro do 2024, aínda que as actividades relacionadas con el xa se levaron a cabo o curso anterior. Queda por cumprimentar documentación referida a este proxecto.

.acollemento no noso centro no mes de maio de alumnado e profesorado do centro italiano IIS Parmenide Roccadaspide, situado na rexión de Campania, dentro do seu proxecto KA122 sobre a saúde física e mental a través do deporte e a comida. Con anterioridade, profesorado dese centro fará unha visita preparatoria ao noso centro no mes de xaneiro

 .E seguimos promocionando as mobilidades entre o alumnado e profesorado de FP do noso centro (de FP básica e ciclo medio), de administrativo e automoción. Formamos parte dun consorcio da consellería de educación que ten aprobada a acreditación Erasmus para FP, o que nos permite ofertar ao alumnado mobilidades para realizar as súas prácticas FCT na empresa no estranxeiro, ou unha vez que xa titularon; e o profesorado tamén pode facer estancias de formación, de visitas preparatorias ou de acompañamento. Neste momento estamos á espera de que a consellería publique a resolución coas condicións de ditas mobilidades para este curso, pero xa temos algún alumnado que amosou o seu interese en participar.

 .

 

Mércores 8, 3º día de mobilidade

 No día de hoxe, o equipo italiano xunto co noso alumnado de 1º de bacharelato fixeron un percorrido a pé por distintas partes do camiño ing...