sábado, 4 de marzo de 2023

O proxecto sobre as vacinas na prensa: Primeira Noticia (nº44, febreiro)

 O noso proxecto sobre as vacinas volve a ser o tema dun artigo na prensa; neste caso trátase de Primeira Noticia, no seu número de febreiro, aos cales agradecemos a súa colaboración. 



Alumnado seleccionado para ir a Lamego

 O alumnado que vai a viaxar a Lamego foi finalmente escollido esta semana, seguindo os criterios de selección publicados e coñecidos. O alumnado xa foi informado, coas consabidas alegrías (e sensabores dos non seleccionados). Os nomes dos que van a facer a mobilidade en Lamego é o seguinte:  Alba, Andrea, Beatriz, Paula, Marta, Antía, Davisson, Brais, Marcos e Anxo. 

Agora toca prepararse para a viaxe. Noraboa a todos/as, e os que non foron escollidos nesta ocasión, que pensen que ha de haber mais oportunidades. 

Mércores 8, 3º día de mobilidade

 No día de hoxe, o equipo italiano xunto co noso alumnado de 1º de bacharelato fixeron un percorrido a pé por distintas partes do camiño ing...