martes, 14 de mayo de 2024

Venres 10, 5º día de mobilidade

 Neste último día de estancia do grupo italiano no noso centro, empezaron facendo unha selección do logo e do slogan que mellor puidera identificar o seu proxecto e a súa estancia aquí en Ordes. Despois puidemos disfrutar coa actuación músical do noso profesor de historia Xavier, acompañado das alumnas Edith (vocal) e de Noa (clarinete). A continuación, e por último, fíxoselles entrega dun certificado de asistencia e participación neste proxecto.








Xoves 9, 4º día de mobilidade

 No día de hoxe, o grupo italiano trasladouse para coñecer mellor a cidade de Santiago, destino final do camiño inglés (un dos seus obxectivos é a práctica deportiva). Unha vez alí, puideron coñecer a catedral e as súas cubertas, facer un percorrido guiado pola cidade vella, e vivir o ambiente da mesma, cos peregrinos (e coa celebración da Ascensión nese mesmo día).



miércoles, 8 de mayo de 2024

Mércores 8, 3º día de mobilidade

 No día de hoxe, o equipo italiano xunto co noso alumnado de 1º de bacharelato fixeron un percorrido a pé por distintas partes do camiño inglés e outras zonas cercanas: empezamos no castro, seguimos polo paseo ao longo do río Cabrón, o albergue, o propio camiño inglés, Poulo e finalmente regreso ao centro. Ao longo de toda esta ruta, o noso alumnado foilles explicando en inglés ao alumnado italiano distintos aspectos relacionados con ela: a súa fauna e flora, a súa toponimia e lendas, e tamén a súa historia. Foi un día caloroso que nos permitiu vivir e coñecer a nosa contorna de Ordes dunha maneira diferente. 






martes, 7 de mayo de 2024

Martes 7, 2º día de mobilidade.

 No día de hoxe, en primeiro lugar estivemos na casa do concello de Ordes, onde fomos acollidos/as dunha maneira moi cordial e agarimosa polo seu alcalde, José Luis, e a súa concelleira de educación, Susana, o cal lles agradecemos. Unha vez alí, déronnos información sobre a realidade e obxectivos de Ordes, así como de persoeiros destacados da nosa vila. Tamén puidemos visitar a súa sala de xuntas e o salón de plenos:






                                             

A continuación, xa no noso centro, participaron na presentación dalgúns xogos populares de cada país (os zancos, a chave, ....) e na súa posta en práctica xogándoos en equipos mixtos. Todo isto, coa axuda e guía do noso profesor de educación física, Horacio (o cal lle agradecemos).
                                      





Por último, hoxe pola tarde o grupo italiano asistiu a unha visita guiada polo pobo de Ordes (promovida polo concello), polos seus grafitis e lugares mais destacados.

                                   

lunes, 6 de mayo de 2024

Luns 6 do grupo italiano no noso centro

 Hoxe foi un día ben aproveitado polo equipo italiano. Estas son as actividades que levaron a cabo, co traballo e axuda de alumnado de 1º de bacharelato e profesorado de distintos departamentos (igual que ao longo de toda a semana), coa coordinación do profesorado no equipo Erasmus; moitas grazas a todos/as:

1 Presentación do director Manuel


2 Presentación do noso centro por alumnado de 1º de bac

3 Asistencia a unha clase de música, onde aprenderon a bailar a muiñeira


4 Presentacións da dieta mediterránea e atlántica e de pratos típicos


 E mañán seguiremos con novas actividades.


domingo, 5 de mayo de 2024

Domingo 5, chegada do grupo italiano ao noso pobo, Ordes

O grupo italiano do instituto IIS Parmenide, de Roccadaspide formado por 3 alumnos, 3 alumnas e 2 profesoras xa está entre nós. Ás 8.15 partiron do aeroporto de Nápoles, e ás 18.45 chegaron ao hotel. Benvidos; esperamos que esta semana cumpra ás vosas expectativas en canto a convivencia, actividades e coñecemento dun sistema educativo diferente.











sábado, 4 de mayo de 2024

Semana de acollemento do IIS Parmenide

 Esta próxima semana do 6 de maio acolleremos no noso centro a alumnado e profesorado do centro IIS Parmenide de Roccadaspide, Italia. Planificáronse unha serie de actividades a realizar no noso centro, das que xa vos daremos conta. Nesta foto, estamos os membros do grupo de traballo Erasmus, que ademais dos preparativos para este acollemento, neste curso traballamos darreo noutra documentación e tarefas (solicitude acreditación KA120 e KA121, solicitude proxecto KA210, redacción do informe final KA122 sobre as vacinas, etc). Grazas a todos polo voso entusiasmo e traballo!


Venres 10, 5º día de mobilidade

 Neste último día de estancia do grupo italiano no noso centro, empezaron facendo unha selección do logo e do slogan que mellor puidera iden...