lunes, 30 de enero de 2023

O proxecto "As vacinas agora e no pasado" na prensa

 Deixámosvos unhas imaxes de publicacións que fixeron 2 xornais sobre o proxecto que estamos a levar a cabo no noso centro: "As vacinas agora e no pasado: unha aproximación de xénero á ciencia":

Primeira Noticia, xaneiro de 2023



A Voz de Galicia, 03 febreiro 2023  (ligazón)


viernes, 20 de enero de 2023

Visita preparatoria en Ordes

 O pasado xoves 12 e venres 13 do mes de xaneiro, estiveron no noso centro 3 profesoras do instituto de Lamego: Fátima, Ema e Isabel. O motivo da súa visita foi planificar as actividades que van a levar a cabo no noso centro cando se desplacen co seu alumnado a Ordes, dende o 8 ao 12 de maio.

            

Nestes 2 días, tamén puideron coñecer un pouco o noso pobo, Ordes, así como a profesorado do noso instituto. Asistiron ademais a unha clase de portugués coa profesora Laura, puideron coñecer as instalacións do noso instituto, e tamén fixeron unha presentación do sistema educativo portugués. 


Foi un tempo intenso e ben aproveitado!

viernes, 6 de enero de 2023

O logo do noso proxecto (e o de Lamego)

 Como primeira actividade do proxecto, propúxose escoller un logo para o noso proxecto e outro para o do instituto de Lamego. Con este fin, o profesorado / alumnado do centro de Lamego votou polos logos que máis lles gustaron de entre os elaborados polo noso alumnado de 1º de bac e de 3º da ESO, e nós fixemos o mesmo cos logos deseñados por eles.

Estes foron os 2 logos gañadores:

 Logo de Andrea Silva, de 3º ESO A, alumna do noso centro


e o logo da autoría de Tomás Cordeiro, do centro de Lamego:


Esperamos que vos gusten ámbolos dous. A nós parécennos orixinais e creativos.

Visita preparatoria en Lamego

 O pasado xoves 7 de decembro 2022 trasladámonos  3 profesores do noso centro a Lamego, dentro dunha visita preparatoria do proxecto "As vacinas agora e no pasado". Nese día, fomos recibidos polos colegas portugueses, e puidemos coñecer a vila de Lamego (da que se achega algunha foto). 

No día seguinte, venres 8, estivemos reunidos no centro portugués Agrupamento de Escolas Latino Coelho, onde puidemos coñecer as súas instalacións, e planificar datas, actividades e traslados que se van levar a cabo cando o noso alumnado se traslade alí (do 17 ao 21 de abril do 2023) 

De igual maneira, profesoras do seu centro visitarannos no mes de xaneiro 2023 ao noso IES para planificar a mobilidade do seu alumnado a Ordes (do 08 ao 12 de maio 2023).





Mércores 8, 3º día de mobilidade

 No día de hoxe, o equipo italiano xunto co noso alumnado de 1º de bacharelato fixeron un percorrido a pé por distintas partes do camiño ing...