viernes, 20 de enero de 2023

Visita preparatoria en Ordes

 O pasado xoves 12 e venres 13 do mes de xaneiro, estiveron no noso centro 3 profesoras do instituto de Lamego: Fátima, Ema e Isabel. O motivo da súa visita foi planificar as actividades que van a levar a cabo no noso centro cando se desplacen co seu alumnado a Ordes, dende o 8 ao 12 de maio.

            

Nestes 2 días, tamén puideron coñecer un pouco o noso pobo, Ordes, así como a profesorado do noso instituto. Asistiron ademais a unha clase de portugués coa profesora Laura, puideron coñecer as instalacións do noso instituto, e tamén fixeron unha presentación do sistema educativo portugués. 


Foi un tempo intenso e ben aproveitado!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 10, 5º día de mobilidade

 Neste último día de estancia do grupo italiano no noso centro, empezaron facendo unha selección do logo e do slogan que mellor puidera iden...