jueves, 24 de noviembre de 2022

Presentación dun novo proxecto Erasmus

 Imos informarvos do novo proxecto Erasmus+, subvencionado pola Unión Europea, que nos foi aprobado e que imos levar a cabo neste curso 2022/23. Trátase dun proxecto KA122, e o seu título é "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia"; este proxecto vai destinado a alumnado de 3º da ESO.

Os obxectivos deste proxecto son:

  .en 1º lugar, contactar cun centro estranxeiro e intercambiar vivencias e experiencias con el. Neste caso trátase do Agrupamento de Escolas Latino Coelho, en Lamego, Portugal.

  .en 2º lugar, fomentar a competencia en linguas estranxeiras do alumnado, en portugués e inglés, para comunicarse con outro alumnado da súa idade. Fomentar así mesmo a súa competencia dixital, para facer presentacións ou comunicarse online con ese alumnado.

  .3º, favorecer a inclusión de alumnado con distintos tipos de dificultades (socioeconómica, de aprendizaxe, físicas), para que poidan ter a posibilidade de realizar actividades que doutra maneira non levarían a cabo.

  .e, por último, e tal e como se expresa no título do proxecto, facer unha análise de como nos afectou a pandemia na nosa vida diaria persoal e social, en que nos axudaron as vacinas a superala e o seu papel na historia. Tamén, mulleres relevantes no ámbito científico e histórico, en especial as de ámbito local, como Isabel Zendal.

 Cómpre destacar que o centro portugués tamén ten un proxecto aprobado similar ao noso ("As vacinas agora e no pasado"), e que ao longo do proxecto haberá visitas preparatorias de profesorado a ambos os 2 centros, e tamén mobilidades de alumnado aos 2 centros, cunha duración dunha semana. 

 Seguro que este proxecto ha de ser do interese do noso alumnado e profesorado.

Mércores 8, 3º día de mobilidade

 No día de hoxe, o equipo italiano xunto co noso alumnado de 1º de bacharelato fixeron un percorrido a pé por distintas partes do camiño ing...