viernes, 6 de enero de 2023

Visita preparatoria en Lamego

 O pasado xoves 7 de decembro 2022 trasladámonos  3 profesores do noso centro a Lamego, dentro dunha visita preparatoria do proxecto "As vacinas agora e no pasado". Nese día, fomos recibidos polos colegas portugueses, e puidemos coñecer a vila de Lamego (da que se achega algunha foto). 

No día seguinte, venres 8, estivemos reunidos no centro portugués Agrupamento de Escolas Latino Coelho, onde puidemos coñecer as súas instalacións, e planificar datas, actividades e traslados que se van levar a cabo cando o noso alumnado se traslade alí (do 17 ao 21 de abril do 2023) 

De igual maneira, profesoras do seu centro visitarannos no mes de xaneiro 2023 ao noso IES para planificar a mobilidade do seu alumnado a Ordes (do 08 ao 12 de maio 2023).





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Venres 10, 5º día de mobilidade

 Neste último día de estancia do grupo italiano no noso centro, empezaron facendo unha selección do logo e do slogan que mellor puidera iden...