No día de hoxe, en primeiro lugar estivemos na casa do concello de Ordes, onde fomos acollidos/as dunha maneira moi cordial e agarimosa polo seu alcalde, José Luis, e a súa concelleira de educación, Susana, o cal lles agradecemos. Unha vez alí, déronnos información sobre a realidade e obxectivos de Ordes, así como de persoeiros destacados da nosa vila. Tamén puidemos visitar a súa sala de xuntas e o salón de plenos:
A continuación, xa no noso centro, participaron na presentación dalgúns xogos populares de cada país (os zancos, a chave, ....) e na súa posta en práctica xogándoos en equipos mixtos. Todo isto, coa axuda e guía do noso profesor de educación física, Horacio (o cal lle agradecemos).
Por último, hoxe pola tarde o grupo italiano asistiu a unha visita guiada polo pobo de Ordes (promovida polo concello), polos seus grafitis e lugares mais destacados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario