miércoles, 17 de mayo de 2023

Conclusións do proxecto "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia"

Desta maneira, damos por concluido este proxecto, "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia", financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. Durante o mesmo, 10 alumnos/as e 2 profesoras do noso centro estiveron entre o 16 e o 21 de abril en Lamego, no centro  Agrupamento de Escolas Latino Coelho. Unha vez alí, conviviron co alumnado e profesorado do centro, asistindo as súas clases, realizando actividades conxuntas, e tamén visitando lugares de interese da contorna en Lamego (o seu castelo, o santuario, a catedral, o teatro, as bodegas, o parque biolóxico, etc).

Ao mesmo tempo presentaron o traballo que previamente estiveran elaborando aquí, no IES Ordes, en distintas materias (bioloxía, latín, inglés, portugués, química, castelán, historia ...), poñendo en valor o carácter interdepartamental deste proxecto: 

  .Presentacións do noso centro e do noso pobo, Ordes, en inglés e portugués

  .Presentacións de científicas destacadas na historia.

  .Presentación da figura de Isabel Zendal, unha enfermeira ordense que tivo un papel destacado na expansión das vacinas en América e Asia.

  .Estudo e análise de distintos aspectos das vacinas (a liña do tempo da súa evolución, a orixe etimolóxica dos termos usados, os distintos elementos químicos relacionados e científicos destacados ...)

Os beneficios deste proxecto son varios, algúns dos cales son:

 .apertura do noso centro á relación cun instituto de fóra do noso país, promovendo os valores da pertenencia a Unión Europea.

 .enriquecemento persoal do alumnado na súa interacción con estudantes doutros países, e para aqueles que viaxaron a Lamego, no coñecemento doutras realidades e outros sistemas educativos.

 .desenrolo da capacidade do alumnado de traballar con proxectos, fomentando a súa competencia dixital, en linguas estranxeiras e científica.

  .desenrolo da capacidade crítca do alumnado na valoración de distinta información, e tamén o enriquecemento da súa competencia comunicativa, ao presentar os seus traballos e ao transmitir aos seus compañeiros do centro as súas vivencias e aprendizaxes durante as mobilidades. 

  .afondamento no estudo das vacinas, a súa historia, evolución, personaxes destacados e importancia

Pola súa parte, alumnado e profesorado do centro de Lamego (9 en total) trasladouse ao noso instituto entre o 7 e o 12 de maio, para presentarnos os proxectos nos que eles estiveron traballando previamente en Portugal, dentro dun proxecto Erasmus+ moi similar ao noso, e cuxo título é "As vacinas agora e no pasado". Debido á similitude entre os 2 proxectos, puidemos facer actividades comparativas (asistencia a charlas de doutores e enfermeiros nos 2 centros, comparación dos programas de vacinación en Galicia e España con Portugal, debate sobre o dereito a non aceptar a vacinación, presentacións dos respectivos pobos e centros, etc)

Non cabe dúbida que este tipo de proxectos conleva moito traballo e tempo, de organización e preparación, e require da axuda de moito profesorado do centro, que estea disposto a participar ou a colaborar. No noso instituto, pódese dicir que todos/as axudaron, dunha maneira mais ou menos directa, aínda que debemos mencionar o traballo en concreto do seminario Erasmus que se formou, integrado por 12 profesores/as (Belén, Carmen, Dolores, Elisa, Laura, María, Marisa, Sofía, Tania, Juan, Porto e Tino), e outro profesorado como Silvia, Begoña, Manuel etc. Grazas a todos/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mércores 8, 3º día de mobilidade

 No día de hoxe, o equipo italiano xunto co noso alumnado de 1º de bacharelato fixeron un percorrido a pé por distintas partes do camiño ing...