Hoxe o noso alumnado puido asistir a unha charla sobre as vacinas e a súa importancia, e a continuación recibiron o certificado da súa participación nesta mobilidade, dentro da cerimonia de despedida. Aínda tiveron ocasión de xogar un último partido co alumnado de Lamego. Pola tarde fixeron a viaxe de volta a Ordes, aínda que durou un pouco mais do esperado. De calquera xeito, concluiu unha semana chea de novas experiencias, aprendizaxes e novas amizades. Agora toca prepararse para a mobilidade do alumnado de Lamego en Ordes (que xa está próxima, do 07 ao 12 de maio).
sábado, 22 de abril de 2023
Mobilidade en Lamego, día 4 (20-04)
Hoxe o noso alumnado estivo na Escola Básica de Lamego, na que volveron a facer presentacións dos seus proxectos e quedando moi contentos do resultado. Pola tarde foron a unha zona chamada Raposeira e as súas covas, onde asistiron a unha visita guiada moi interesante sobre o seu viño. A continuación foron a unha feira exposición organizada polo alumnado do Liceo de Lamego.
miércoles, 19 de abril de 2023
Mobilidade en Lamego, día 3 (19-04)
Hoxe os nosos alumnos/as estiveron na escola secundaria de Latino Coelho, facendo presentacións dos temas que prepararon no IES Ordes: orixe etimolóxico do vocabulario das vacinas, liña do tempo das vacinas, elementos químicos da táboa e científicos/as destacados, vida e obra de Isabel Zendal , presentacións en portugués e inglés. Tamén participaron nalgunhas clases e fixeron novos amigos/as
Con todo, pola tarde tiveron tempo de visitar o río Douro, un museo e outros lugares de interés.
Mobilidade en Lamego, día 2 (18-04)
Hoxe foi un día de coñecemento do entorno de Lamego, visitando o parque biolóxico Serra das Meadas, o seu castelo, o teatro, a hermida, ... Aínda que a cea non foi moi de destacar, pódese dicir que foi un día ben aproveitado.
lunes, 17 de abril de 2023
Mobilidade en Lamego, día 1 (17-04)
Hoxe foi un día intenso e ben aproveitado polo noso alumnado e profesoras (diríase que esgotador):
.recepción no centro -Agrupamento de escolas Latino Coelho, en Lamego- (na que algún alumno noso incluso se soltou a bailar coa música dun grupo de música tradicional do centro),
.presentacións do noso proxecto, centro e pobo na escola,
.asistencia á clases,
.mini partido de fútbol con alumnado de Lamego,
.visitas á catedral, ao museo e á hermida o santuario Nosa Señora dos Remedios, emblema de Lamego,
.e finalmente, cea nun restaurante ao lado da catedral (cerca do hotel onde están aloxados/as).
Bea, a nosa alumna de portugués, tivo que facer de tradutora co alumnado de Lamego (o cal lle serviu para practicar a lingua). E todos/as quedaron satisfeitos polos novos amigos/as que fixeron, as experiencias vividas, e os sitios novos que coñeceron.
Mobilidade a Lamego. Viaxe de ida (16-04)
Os nosos alumnos/as xa están de camiño en dirección a Lamego. Parece que a algún(ha), a viaxe fíxoselle un pouco mais longa, mentres que a outros/as o contrario. De todos modos, todos disfrutaron coas paisaxes que puideron ver ao longo da ruta.
Xa en Lamego, aloxamento no hotel, que parece estar ben, e despois a cear. E a descansar, que mañán vai ser un día intenso.
Formación en proxectos Erasmus+ (KA121), en Salamanca
O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer...
-
Os nosos alumnos/as xa están de camiño en dirección a Lamego. Parece que a algún(ha), a viaxe fíxoselle un pouco mais longa, mentres que a ...
-
Desta maneira, damos por concluido este proxecto, "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia", financiad...
-
No día de hoxe, o equipo italiano xunto co noso alumnado de 1º de bacharelato fixeron un percorrido a pé por distintas partes do camiño ing...