Hoxe foi un día intenso e ben aproveitado polo noso alumnado e profesoras (diríase que esgotador):
.recepción no centro -Agrupamento de escolas Latino Coelho, en Lamego- (na que algún alumno noso incluso se soltou a bailar coa música dun grupo de música tradicional do centro),
.presentacións do noso proxecto, centro e pobo na escola,
.asistencia á clases,
.mini partido de fútbol con alumnado de Lamego,
.visitas á catedral, ao museo e á hermida o santuario Nosa Señora dos Remedios, emblema de Lamego,
.e finalmente, cea nun restaurante ao lado da catedral (cerca do hotel onde están aloxados/as).
Bea, a nosa alumna de portugués, tivo que facer de tradutora co alumnado de Lamego (o cal lle serviu para practicar a lingua). E todos/as quedaron satisfeitos polos novos amigos/as que fixeron, as experiencias vividas, e os sitios novos que coñeceron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario