sábado, 28 de octubre de 2023

Un novo curso, novos proxectos

 Empezamos este curso 2023 / 2024 con novas ilusións e novos proxectos, entre os que podemos citar:

 .en primeiro lugar, mencionar a formación dun grupo de traballo Erasmus apoiado polo CAFI entre profesorado do noso centro, cuxa finalidade é cumprimentar a documentación necesaria para este tipo de proxectos, e xestionar as actividades que xurdan como consecuencia dos mesmos. Neste grupo estamos colaborando seis profesores/as.

 .solicitude no mes de outubro dun proxecto Erasmus KA210 (asociación a pequena escala no ámbito escolar) cun centro francés de Orly, Francia (College Dorval), e un centro italiano da rexión de Puglia  (I.I.S.S. Licei Canudo-Marone - ITI Galilei). O tema deste proxecto é o fomento do deporte como forma de inclusión de alumnado, e de promover o seu benestar físico e mental, e o coñecemento doutras culturas e as súas tradicións.

 .solicitude en outubro tamén da acreditación KA120 no ámbito escolar para poder levar a cabo mobilidades de alumnado e profesorado a distintos países europeos, como medio para coñecer outras culturas e formas de pensar, coñecer outros sistemas educativos, mellorar a súa competencia lingüística e dixital, e poder continuar coa súa formación. Para estes dous últimos proxectos teremos que esperar ata o mes de febreiro para coñecer a resolución a ditas solicitudes. Crucemos os dedos!

 .conclusión do proxecto KA122 "As vacinas agora e no pasado", que remata en febreiro do 2024, aínda que as actividades relacionadas con el xa se levaron a cabo o curso anterior. Queda por cumprimentar documentación referida a este proxecto.

.acollemento no noso centro no mes de maio de alumnado e profesorado do centro italiano IIS Parmenide Roccadaspide, situado na rexión de Campania, dentro do seu proxecto KA122 sobre a saúde física e mental a través do deporte e a comida. Con anterioridade, profesorado dese centro fará unha visita preparatoria ao noso centro no mes de xaneiro

 .E seguimos promocionando as mobilidades entre o alumnado e profesorado de FP do noso centro (de FP básica e ciclo medio), de administrativo e automoción. Formamos parte dun consorcio da consellería de educación que ten aprobada a acreditación Erasmus para FP, o que nos permite ofertar ao alumnado mobilidades para realizar as súas prácticas FCT na empresa no estranxeiro, ou unha vez que xa titularon; e o profesorado tamén pode facer estancias de formación, de visitas preparatorias ou de acompañamento. Neste momento estamos á espera de que a consellería publique a resolución coas condicións de ditas mobilidades para este curso, pero xa temos algún alumnado que amosou o seu interese en participar.

 .

 

miércoles, 5 de julio de 2023

Nova entrada sobre "As vacinas agora e no pasado" en "Primeira Noticia". xuño 2023

 No número de xuño de 2023  do periódico Primeira Noticia, páxina 27, saiu publicada unha nova reseña sobre o noso proxecto, neste caso unha valoración do alumnado e do profesorado do que supuxo este proxecto para o centro e para eles mesmos.



miércoles, 17 de mayo de 2023

Conclusións do proxecto "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia"

Desta maneira, damos por concluido este proxecto, "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia", financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. Durante o mesmo, 10 alumnos/as e 2 profesoras do noso centro estiveron entre o 16 e o 21 de abril en Lamego, no centro  Agrupamento de Escolas Latino Coelho. Unha vez alí, conviviron co alumnado e profesorado do centro, asistindo as súas clases, realizando actividades conxuntas, e tamén visitando lugares de interese da contorna en Lamego (o seu castelo, o santuario, a catedral, o teatro, as bodegas, o parque biolóxico, etc).

Ao mesmo tempo presentaron o traballo que previamente estiveran elaborando aquí, no IES Ordes, en distintas materias (bioloxía, latín, inglés, portugués, química, castelán, historia ...), poñendo en valor o carácter interdepartamental deste proxecto: 

  .Presentacións do noso centro e do noso pobo, Ordes, en inglés e portugués

  .Presentacións de científicas destacadas na historia.

  .Presentación da figura de Isabel Zendal, unha enfermeira ordense que tivo un papel destacado na expansión das vacinas en América e Asia.

  .Estudo e análise de distintos aspectos das vacinas (a liña do tempo da súa evolución, a orixe etimolóxica dos termos usados, os distintos elementos químicos relacionados e científicos destacados ...)

Os beneficios deste proxecto son varios, algúns dos cales son:

 .apertura do noso centro á relación cun instituto de fóra do noso país, promovendo os valores da pertenencia a Unión Europea.

 .enriquecemento persoal do alumnado na súa interacción con estudantes doutros países, e para aqueles que viaxaron a Lamego, no coñecemento doutras realidades e outros sistemas educativos.

 .desenrolo da capacidade do alumnado de traballar con proxectos, fomentando a súa competencia dixital, en linguas estranxeiras e científica.

  .desenrolo da capacidade crítca do alumnado na valoración de distinta información, e tamén o enriquecemento da súa competencia comunicativa, ao presentar os seus traballos e ao transmitir aos seus compañeiros do centro as súas vivencias e aprendizaxes durante as mobilidades. 

  .afondamento no estudo das vacinas, a súa historia, evolución, personaxes destacados e importancia

Pola súa parte, alumnado e profesorado do centro de Lamego (9 en total) trasladouse ao noso instituto entre o 7 e o 12 de maio, para presentarnos os proxectos nos que eles estiveron traballando previamente en Portugal, dentro dun proxecto Erasmus+ moi similar ao noso, e cuxo título é "As vacinas agora e no pasado". Debido á similitude entre os 2 proxectos, puidemos facer actividades comparativas (asistencia a charlas de doutores e enfermeiros nos 2 centros, comparación dos programas de vacinación en Galicia e España con Portugal, debate sobre o dereito a non aceptar a vacinación, presentacións dos respectivos pobos e centros, etc)

Non cabe dúbida que este tipo de proxectos conleva moito traballo e tempo, de organización e preparación, e require da axuda de moito profesorado do centro, que estea disposto a participar ou a colaborar. No noso instituto, pódese dicir que todos/as axudaron, dunha maneira mais ou menos directa, aínda que debemos mencionar o traballo en concreto do seminario Erasmus que se formou, integrado por 12 profesores/as (Belén, Carmen, Dolores, Elisa, Laura, María, Marisa, Sofía, Tania, Juan, Porto e Tino), e outro profesorado como Silvia, Begoña, Manuel etc. Grazas a todos/as.

Ligazón ao blogue do instituto de Lamego

 O Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, tamén ten un blogue sobre o seu proxecto, "As vacinas agora e no pasado", e a ligazón do mesmo podedes atopala aquí en blogue Lamego  .


Vídeos do debate ético sobre o uso, ou non uso, das vacinas

 Podedes ver os vídeos que prepararon o alumnado de Lamego e do noso instituto con motivo do debate que se levou a cabo aquí en Ordes o luns 10 de maio sobre o dereito a decidir se queremos vacinarnos ou non, cando isto pode influir na saúde dos demais:

Video A. E. L. C. Lamego

Vídeo IES Ordes


O proxecto sobre as vacinas do IES Ordes na prensa.

 Novamente, o proxecto que está levando a cabo o noso centro saiu en distintos xornais estos días, dos que vos deixamos fotos e ligazóns:  

La Voz de Galicia

Primeira Noticia   (páxina 25  nº 47, maio 2023)

El IES de Ordes ejerce de anfitrión dentro del programa de movilidad con un centro portugués

P.C. LA VOZ

        

Participa junto con el Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, en un proyecto Erasmus Plus sobre la evolución de las vacunas

12 may 2023. Actualizado a las 08.24 h.

El IES de Ordes fue durante esta semana el centro anfitrión del intercambio escolar que realiza este curso con un centro de Lamego (Portugal), el Agrupamento de Escolas Latino Coelho. Ambos participan en un proyecto Erasmus Plus sobre la evolución de las vacunas, con una aproximación de género a la ciencia. Los jóvenes lusos tuvieron la oportunidad de viajar estos días a Fisterra o A Coruña, de asistir a charlas de enfermeras sobre planes de vacunación y conocer más de cerca la figura de Isabel Zendal, entre otras cuestiones.
Doce profesores del instituto ordense se implicaron en este proyecto (Carmen, Dolores, Marisa, María, Laura, Juan, Elisa, Tania, Belén y Sofía; bajo la coordinación de Tino, y con el apoyo y colaboración del director, Porto).



domingo, 14 de mayo de 2023

Mobilidade en Ordes, día 6 (12-05)

 Chegamos ao día final da mobilidade do equipo de Lamego en Ordes. No día de hoxe, empezaron participando nunha xincana (unha búsqueda do tesouro) co noso alumnado de 3º, que trataba sobre o tema das vacinas. A continuación, o alumnado de Lamego fixo unha presentación de noticias sobre as vacinas, e para rematar, o noso director entregoulles o certificado de ter participado nesta mobilidade. Coa tristura de ter que despedirnos, pero coa memoria dos bos momentos e dos coñecementos compartidos, damos por concluida esta mobilidade co equipo de Lamego, coa esperanza de volver a encontrarnos nalgunha actividade futura.









Formación en proxectos Erasmus+ (KA121), en Salamanca

 O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer...