martes, 7 de mayo de 2024

Martes 7, 2º día de mobilidade.

 No día de hoxe, en primeiro lugar estivemos na casa do concello de Ordes, onde fomos acollidos/as dunha maneira moi cordial e agarimosa polo seu alcalde, José Luis, e a súa concelleira de educación, Susana, o cal lles agradecemos. Unha vez alí, déronnos información sobre a realidade e obxectivos de Ordes, así como de persoeiros destacados da nosa vila. Tamén puidemos visitar a súa sala de xuntas e o salón de plenos:






                                             

A continuación, xa no noso centro, participaron na presentación dalgúns xogos populares de cada país (os zancos, a chave, ....) e na súa posta en práctica xogándoos en equipos mixtos. Todo isto, coa axuda e guía do noso profesor de educación física, Horacio (o cal lle agradecemos).
                                      





Por último, hoxe pola tarde o grupo italiano asistiu a unha visita guiada polo pobo de Ordes (promovida polo concello), polos seus grafitis e lugares mais destacados.

                                   

lunes, 6 de mayo de 2024

Luns 6 do grupo italiano no noso centro

 Hoxe foi un día ben aproveitado polo equipo italiano. Estas son as actividades que levaron a cabo, co traballo e axuda de alumnado de 1º de bacharelato e profesorado de distintos departamentos (igual que ao longo de toda a semana), coa coordinación do profesorado no equipo Erasmus; moitas grazas a todos/as:

1 Presentación do director Manuel


2 Presentación do noso centro por alumnado de 1º de bac

3 Asistencia a unha clase de música, onde aprenderon a bailar a muiñeira


4 Presentacións da dieta mediterránea e atlántica e de pratos típicos


 E mañán seguiremos con novas actividades.


domingo, 5 de mayo de 2024

Domingo 5, chegada do grupo italiano ao noso pobo, Ordes

O grupo italiano do instituto IIS Parmenide, de Roccadaspide formado por 3 alumnos, 3 alumnas e 2 profesoras xa está entre nós. Ás 8.15 partiron do aeroporto de Nápoles, e ás 18.45 chegaron ao hotel. Benvidos; esperamos que esta semana cumpra ás vosas expectativas en canto a convivencia, actividades e coñecemento dun sistema educativo diferente.











sábado, 4 de mayo de 2024

Semana de acollemento do IIS Parmenide

 Esta próxima semana do 6 de maio acolleremos no noso centro a alumnado e profesorado do centro IIS Parmenide de Roccadaspide, Italia. Planificáronse unha serie de actividades a realizar no noso centro, das que xa vos daremos conta. Nesta foto, estamos os membros do grupo de traballo Erasmus, que ademais dos preparativos para este acollemento, neste curso traballamos darreo noutra documentación e tarefas (solicitude acreditación KA120 e KA121, solicitude proxecto KA210, redacción do informe final KA122 sobre as vacinas, etc). Grazas a todos polo voso entusiasmo e traballo!


sábado, 3 de febrero de 2024

Solicitude de acreditación seleccionada!

Estamos de noraboa! A solicitude de acreditación KA120 que presentamos en outubro de 2023 foi finalmente seleccionada, dentro das 275 solicitudes que foron aceptadas (en total había 1337 solicitudes). Coa mesma, acabamos de facer unha solicitude de mobilidades de alumnado e profesorado para o vindeiro curso 24/25, dentro dun proxecto KA121 (xa para centros acreditados).

Resolución Sepie


A visita das profesoras do IIS Parmenide na prensa local italiana.

 Deixamos aquí dúas ligazóns da publicación na prensa italiana da visita que as profesoras Mariangela e Rita do IIS Parmenide fixeron ao noso centro os días 11 e 12 de xaneiro, como xa mencionamos nunha entrada anterior:

Periódico Vocedistrada

Periódico Infocilento


domingo, 14 de enero de 2024

Visita preparatoria no noso centro de profesoras do instituto IIS Parmenide, en Italia

 

Os pasados 11 e 12 de xaneiro de 2024 estiveron no noso centro as profesoras Mariangela e Rita, do IIS Parmenide, un instituto situado en Roccadaspide, na zona de Salerno, no sur de Italia.  Esta estancia  forma parte dunha visita preparatoria das dúas profesoras para organizar a viaxe que van a facer ao noso centro 6 alumnos/as e 2 profesores/as do seu instituto, do 5 ao 11 de maio, dentro do seu proxecto Three little habits. A finalidade deste proxecto é fomentar a práctica deportiva, a dieta saudable, a inclusión e os intercambios dixitais. O noso centro actúa neste caso como centro de acollida, con vistas a que nun futuro próximo alumnado do noso instituto poida visitar o seu centro dentro dun proxecto propio noso.






Formación en proxectos Erasmus+ (KA121), en Salamanca

 O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer...