miércoles, 17 de mayo de 2023

O proxecto sobre as vacinas do IES Ordes na prensa.

 Novamente, o proxecto que está levando a cabo o noso centro saiu en distintos xornais estos días, dos que vos deixamos fotos e ligazóns:  

La Voz de Galicia

Primeira Noticia   (páxina 25  nº 47, maio 2023)

El IES de Ordes ejerce de anfitrión dentro del programa de movilidad con un centro portugués

P.C. LA VOZ

        

Participa junto con el Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, en un proyecto Erasmus Plus sobre la evolución de las vacunas

12 may 2023. Actualizado a las 08.24 h.

El IES de Ordes fue durante esta semana el centro anfitrión del intercambio escolar que realiza este curso con un centro de Lamego (Portugal), el Agrupamento de Escolas Latino Coelho. Ambos participan en un proyecto Erasmus Plus sobre la evolución de las vacunas, con una aproximación de género a la ciencia. Los jóvenes lusos tuvieron la oportunidad de viajar estos días a Fisterra o A Coruña, de asistir a charlas de enfermeras sobre planes de vacunación y conocer más de cerca la figura de Isabel Zendal, entre otras cuestiones.
Doce profesores del instituto ordense se implicaron en este proyecto (Carmen, Dolores, Marisa, María, Laura, Juan, Elisa, Tania, Belén y Sofía; bajo la coordinación de Tino, y con el apoyo y colaboración del director, Porto).



domingo, 14 de mayo de 2023

Mobilidade en Ordes, día 6 (12-05)

 Chegamos ao día final da mobilidade do equipo de Lamego en Ordes. No día de hoxe, empezaron participando nunha xincana (unha búsqueda do tesouro) co noso alumnado de 3º, que trataba sobre o tema das vacinas. A continuación, o alumnado de Lamego fixo unha presentación de noticias sobre as vacinas, e para rematar, o noso director entregoulles o certificado de ter participado nesta mobilidade. Coa tristura de ter que despedirnos, pero coa memoria dos bos momentos e dos coñecementos compartidos, damos por concluida esta mobilidade co equipo de Lamego, coa esperanza de volver a encontrarnos nalgunha actividade futura.









sábado, 13 de mayo de 2023

Mobilidade en Ordes, día 5 (11-05)

 No día de hoxe, o equipo de Lamego xunto co noso alumnado de 3º da ESO saíron nunha excursión á cidade da Coruña. Unha vez alí, visitaron lugares relaciónados coa vida e obra de Isabel Zendal, ademais doutros sitios de interese (praza María Pita, Torre de Hércules, a Domus, o Muncyt, o monte de San Pedro ...). Un día intenso e ben aproveitado.










jueves, 11 de mayo de 2023

Mobilidade en Ordes, día 4 (10-05)

 Hoxe foi outro día intenso para o equipo de Lamego e o noso alumnado de 3º da ESO. As actividades que se levaron a cabo inclúen: "Position yourself" (realizada polas profesoras portuguesas, sobre as vacinas), charla impartida por 3 enfermeiros/as do centro de saúde (sobre as vacinas e o programa de vacinación galego e portugués), visionado da película 22 ánxeles (sobre a vida de Isabel Zendal), e participación nun xogo interactivo e educativo sobre o contido da película e as vacinas. Pola tarde, fixeron unha visita guiada ofertada polo concello no pobo de Ordes (durante a que visitaron o museo do traxe, o centro Isabel Zendal, o paseo polo río e os muíños, as súas pinturas murais, e outros edificios de interese).
















Mobilidade en Ordes, día 3 (09-05)

 No día de hoxe o equipo de Lamego puido coñecer mellor a nosa comunidade, en particular as localidades de Fisterra, Ézaro e Santiago.









miércoles, 10 de mayo de 2023

Mobilidade en Ordes, día 2 (08-05)

 O luns 8 foi un día intenso para o equipo portugués: recepción e visita das instalacións do centro, presentación do seu centro, pobo e blog, asistencia a unha clase de física e química con 3º ESO A e PDC, debate ético sobre o uso das vacinas con 3º ESO B, e pola tarde percorrido dun tramo do camiño inglés. 

















martes, 9 de mayo de 2023

Mobilidade de alumnado e profesorado de Lamego en Ordes: día 1 (07-05-23)

 O domingo 7 chegou a Ordes o profesorado e alumnado do centro Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, que vai a pasar esta semana con nós realizando distintas actividades relacionadas co seu proxecto "Vaccines then and now". Dámoslle a benvida e esperamos que a semana sexa moi enriquecedora para todos os participantes.


Formación en proxectos Erasmus+ (KA121), en Salamanca

 O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer...