Hoxe foi outro día intenso para o equipo de Lamego e o noso alumnado de 3º da ESO. As actividades que se levaron a cabo inclúen: "Position yourself" (realizada polas profesoras portuguesas, sobre as vacinas), charla impartida por 3 enfermeiros/as do centro de saúde (sobre as vacinas e o programa de vacinación galego e portugués), visionado da película 22 ánxeles (sobre a vida de Isabel Zendal), e participación nun xogo interactivo e educativo sobre o contido da película e as vacinas. Pola tarde, fixeron unha visita guiada ofertada polo concello no pobo de Ordes (durante a que visitaron o museo do traxe, o centro Isabel Zendal, o paseo polo río e os muíños, as súas pinturas murais, e outros edificios de interese).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Formación en proxectos Erasmus+ (KA121), en Salamanca
O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer...

-
O Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, tamén ten un blogue sobre o seu proxecto, "As vacinas agora e no pasado", e a ...
-
O 21 de xuño foinos aprobado provisionalmente un proxecto KA121 (para centros acreditados), grazas ao cal 10 alumnos/as nosos poderán facer...
-
O noso proxecto sobre as vacinas volve a ser o tema dun artigo na prensa; neste caso trátase de Primeira Noticia, no seu número de febreiro...
No hay comentarios:
Publicar un comentario